"DE BOSENDE" Restauracción y colección de Motores Estacionarios Antiguos y Maquinaria Agrícola Clásica, Lugo, Galicia, España.    Telf: 696 06 50 60
   Inicio

 

"Alguén me dixo unha vez que sempre debemos propoñernos retos grandes abondo para que nos importen e pequenos dabondo como para nós chegar a eles, non propoñer cousas inalcanzables, as pequenas vitorias son os catalizadores para que grandes cousas poidan alcanzarse".

Os galegos somos moi apegados a terra, eu lembro, de neno, nas casas dos meus avós, unhos galiñeiros de pitas unicolor, donde as galiñas color perdiz, non sei se eran piñeiras ou non, pero dende logo semellabanselles moito, pasaban os dias, protexidas por un galo musculoso de cores chamativos con unha cresta moi vermella, picando e pacendo na aira e nos arredores da casa, e lembro aqueles guisos de carne con sabor entre polo e caza... pero como aconteceu con outras tantas cousas a globalización puido con elas, as galiñas de razas extranxeiras que poñian máis ovos e eran mellores produtoras de carne, caladiñamente e paseniño derrotaron a nosa Galiña Celta.

 

GALIÑAS PIÑEIRAS

Xa facía moito tempo que a idea das pitas piñeiras rondaba polos meus miolos, e desta volta, logo de ver unhas poliñas nunha feira, puxemos o proxecto en marcha, comezamos coa busqueda, e o oito de agosto de dous mil quince, pola tarde, fomos o meu fillo e eu, a Cerceda, O Corgo, onde, conseguimos as cinco primeiras poliñas e un polo, son da variedade asalmonada ou salvaxe, e a raza é moi pura, cumprindo todos os estándares da raza, son preciosas!!

 

Como non queremos mesturalas co resto de galiñas cruzadas de mil razas que tiñamos na casa, o meu fillo e máis eu construímos este pequeno galiñeiro, para resgardalas do raposo e de outras alimañas e tamén cando medren, disporán de nove poñedeiros.

 

O día oito de setembro, incorporamos ao galiñeiro estas dúas novas poliñas, tamén moi bonitas, procedentes de Piñeiro, O Corgo, xa temos en total sete polas e un polo!!

 

E con estas duas polas, compradas o trece de setembro de dous mil quince en Borralleiros, Vieiro, Viveiro, terminamos xa o grupo das asalmonadas, que queda composto por nove polas e un polo, cando medren e vexamos mellor os posibles defectos que poidan ir aparecendo, faremos outra selección, desbotando as que non cumplan perfectamente o standar da raza.

 

No que atinxe as piñeiras blancas o nove de setembro, en Cabeira, Abadín, mercamos estas duas piñeiras blancas, non sabemos ainda se son pola e polo, ou dous polos, son moi bonitos, son fillos de unha parexa de piñeiras asalmonadas. Xa estamos a traballar para prepararlles outro espazo no galiñeiro para elas.

 

As piñeiras foron medrando e convertironse nunhas preciosas galiñas, con oito meses pasados, a finales de decembro comenzaron a poñer, e o día 8 de xaneiro puxemos a primeira incubadora con quince ovos, temos moitas ganas e ilusión en sacar a primeira polada.

PATRON DA RAZA

   Noticias
   Foro
.
.
.
   Ruteros Diogenizados